¡MEDALLISTAS MUNDIAIS!
Tódolos resultados na sección "running" - Campións Galegos de Trail por Clubs, 3º posto en feminino; campións por categorías de trail classic, maratón e carreiras de montaña, medallistas nacionais e agora... ¡MEDALLISTAS MUNDIAIS! E todo iso fieis ós nosos principios e valores, as medallas son pasaxeiras, a nosa atitude duradeira
¿Un club aberto donde compartir a paixón polo deporte ?
A promoción do deporte, saúde e benestar son a nosa razón de ser.
Para nós o importante é vivilo e desfrutalo. Ti escolles o teu ritmo, nivel e cómo queres avanzar... Podes ser 'runner' e tamén ser taekwondista, dende unha andaina ata un 'Ultra'; ó teu ritmo pero con moita ledicia en cada paso. No C.D.Biosbardo estamos orguiosos dende os grupos de iniciación ata ós competidores internacionais.
Deporte e saúde
Pensamos en ti
Con paciencia e traballo, sempre xuntos, adestramos, competimos e divertímonos e tódalas facetas que a práctica do Taekwondo, Running e o deporte en xeral, máis a convivencia nos brindan día a día.
Amizade e convivencia
A felicidade o primeiro
A nosa base é a amizade, o diálogo e o benestar de tódolos socios e socias. En cada actividade social ou en cada adestramento a convivencia é primordial
Superación
Conquista as túas metas
Canda deportista é unha peza dun todo. Motivación, ánimo, esforzo, perseverancia, cortesía, espíritu indomable son algúns dos nosos principios..
Ti decides cómo e cando facer deporte, nós queremos que o desfrutes
-CENTRADOS NO DEPORTISTA-
A participación de tódolos socios e deportistas do club vai enfocada a acadar o benestar poñendo ó alcance do deportista tódalas facilidades para a práctica do deporte en xeral, dende a dispoñibilidade de material para exercicios de propiocepción ou rehabilitación así como a práctica ós distintos niveis de Running e Taekwondo
RUNNING
Ó teu ritmo
Ti decides cómo e donde, nós buscamos que o desfrutes
TAE KWON DO
Adrenalina e equilibrio
Practica por pracer e compite se o desexas, non te poñas límites
FELICIDADE
Compárteo en equipo
Dende o primeiro paso compartimos retos e éxitos